tag:blogger.com,1999:blog-89510248762728214982024-03-08T06:59:25.867-08:00Ruta das Algas 2018Paso Miúdohttp://www.blogger.com/profile/02293779831878367193noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-8951024876272821498.post-42000155296281202352018-02-25T22:17:00.001-08:002018-02-25T22:17:33.266-08:00CRONICASeguindo co noso décimo aniversario volvimos facer a ruta das praias e as algas en Espasante.

Ó pasar por Xove tivemos un pouco de tempo mais antes de arrancar. Tomamos o café en Espasante e decidimos empezar a ruta en Céltigos, evitando a baixada por una costa onde se hai que axudar con cordas, xa que podía estar impracticable polas chuvias dos días anteriores, de feito o regato que baixa pola Praia de Céltigos non se podería vadear sen anegarnos totalmente.

A ruta segue tan bonita, co mar embravecido mais aínda, nos coincidiu un día xenial para andar, cunha moi boa temperatura, chegamos ó famoso banco de Loiba e alí a decepción foi grande xa que a erosión que se produxo en estes 2 anos e enorme, si é que somos peor que os cabalos, está visto.

Recorrendo a costa chegamos a Esteiro de Bares onde comemos no chiringuito, comida rica e abundante, tomando antes unas frescas para recuperar oligoelementos, claro.

Esta ruta escollémola, aparte de pola súa beleza, porque, si ben non foi nesa ruta onde nos vimos por primeira vez Carmen e mais eu, que foi na anterior, si que foi onde falamos un pouco e quedamos por primeira vez uns días despois, dixo unha das persoas que fundou Paso Miúdo que solo porque Carmen e mais eu nos encontráramos mereceu a pena crear o grupo, eu igual non digo tanto, pero si digo que mereceu a pena unirme a Paso Miúdo hai xa tantos anos, porque si non dificilmente encontraría eu á persoa coa que quero compartir todas as aventuras que me esperan, e acompañala a ela nas súas. E merece a pena o esforzo de seguir co grupo, xa non digo para que volvan coñecerse uns futuros compañeiros, conque soamente se poida coñecer xente con afinidades comúns, pois nos daremos por satisfeitos.

Para o mes temos a ruta do cocido en Santa Eulalia de Oscos, vémonos alí.

Juan

Powered by Wikiloc
Paso Miúdohttp://www.blogger.com/profile/02293779831878367193noreply@blogger.com0